Quenes Somos, Nosa Historia


Quenes Somos, Nosa Historia

Juventudes Socialistas de España (JSE constitúese como a organización xuveníl política da xuventude socialista española. Os nosos símbolos son a estrela e o puño, e o abandeirado como símbolo histórico. Relaciónase co PSOE a través dunha relación que compaxina a súa independencia orgánica e política coa necesaria coordinación coas opcións estratéxicas do PSOE, definida polos seus congresos e comités federais, salvagardando sempre os plantexamentos emanados dos nosos propios congresos e comités federais.

Son principios inspiradores das JSE, debendo ser acatados e salvagardados por toda a militancia e órganos de dirección, control e xestión de JSE os seguintes:

– A denocracia interna e a igualdade como garantía absoluta da participación de tódalas Federacións e da súa militanciana vida da organización a través dos cauces artelladoss ó respecto nas JSE. Para isto, os nosos Estatutos e Regulamentos que se poidan crear artellarán os cauces necesarios.

– O respeto e a liberdade de conciencia, de pensamento e de expresión, no seo da nosa organización, de cada militante

– O cumprimento das decisións adoptadas polos órganos competentes das JSE. A concepción fedaral da organización, preservándose en todo momento a autonomía das federacións sempre que non entre en contradicción coas Resolucións federais e os Estatutos e Regulamentos

– A división de competencias entre os órganos das JSE

– A unidade das JSE, que descansa na defensa dos plantexamentos fundamentais que se conteñen nas Resolucións dos Congresos, Conferencias e na unidade de acción da súa militancia de cara á sociedade

– Corresponde ós órganos que representan a toda a Organización, en cada nivel, decidir, dentro da órbita das súas respectivas competencias, as resolucións que fixan a posición das JSE, así como marcar as directrices que levarán a cabo, co apoio e cooperación de toda a militancia

– Promover e contribuír á renovación de ideas e de estructuras, á modernización do discurso e á rexeneración política do PSOE

– A preservación no contido das resolucións das JSE da ideoloxía socialista

Nosa Historia

A creación de agrupacións por todo o norte foi inmediata nas zonas mineiras ou industrializadas, nas grandes cidades e nas capitais neurálxicas do movemento obreiro. Pero o nacemento das Juventudes Socialistas de España tal e como hoxe a conocemos, tivo lugar coa celebración en Bilbao, do 14 ó 16 de abril de 1906, dun congreso no que se aprobou a constitución da Federación Nacional de Juventudes Socialistas de España.

En 1908 celebrouse o II Congreso Federal, que serviu para sentar as bases ideolóxicas da organización. Así, ademais do antimilitarismo, que inspirou a creación da organización, aprobáronse resolucións que amosan a inquedanza polo ensino e a formación, ou un incipiente feminismo, que leva a admitir a creación de grupos femininos dentro das Juventudes Socialistas de España.

Entre 1908 e 1909 prodúcese un espectacular crecemento da organización, e créanse agrupacións ó longo de toda a xeografía española, pero a constitución en 1919 da III Internacional, e a definición política das Juventudes Socialistas a favor desta, fronte ó PSOE, que nun congreso extraordinario deciciu manterse na II Internacional, marca unha ruptura que cristalizou en 1921, cando un congreso extraordinario decidiu, cunha exigua diferencia, integrar á organización no recén creado Partido Comunista Obrero Español, para constituír a Federación de Juventudes Comunistas.
Non sería ata 1925 cando un grupo de xóvenes decidiu reorganizar as Juventudes Socialistas coa celebración do I Congreso Nacional das JSE, denominado como o da Refundación, que tamén decidiu a reincorporación ó PSOE. Comezou así unha nova etapa caracterizada polo baixo perfíl político das Juventudes Socialistas, moi controladas pola dirección do PSOE, quen temía que se repetise o ocorrido en 1921.

O III Congreso Nacional das JSE, celebrado en Maio de 1929, marcou un xiro nos posicionamentos políticos da organización, que se atreve a esbozar un programa político e reivindicativo propio, que se consolidaría no congreso celebrado en 1932.
Coa caída da dictadura, iníciase en España un proceso revolucionario que desemboca na proclamación da II República, o 14 de abril de 1931, que supón un espectacular crecemento da organización, que pasa dos 1500 militantes no congreso de 1929 a 12000 no seu congreso de 1932

O Congreso de 1932, por outra banda, sería a panca de impulso definitivo á organización. Recóllense unha serie de resolucións, na práctica un programa de actuación reivindicativa en tódalas ordes, xunto cunha análise seria da situación políitica e económica. Ademais tamén se fixaron as normas para crear as milicias socialistas (grupos que contrarrestaban os ataques mediáticos e públicos da dereita, mediante a difusión e explicación dos proxectos levados a cabo polo Goberno da República)
O V Congreso das Juventudes Socialistas de España celebrouse en abril de 1934 en el elexiuse unha nova dirección, que propiciou a unificación en 1936, das Juventudes Socialistas de España e a Unión de Jóvenes Comunistas de España, baixo a denominación de Juventudes Socialistas Unificadas (JSU) e con Santiago Carrillo como Secretario Xeral

Pero en Marzo de 1939, xóvenes socialistas de toda a España Republicana, reuníronse en Madrid e decidiron reconstruír a Federación Nacional de Juventudes Socialistas, despois de que as Juventudes Socialistas Unificadas destruíran a tódolos dirixentes contrarios á súa radicalización e o seu paso ó Partido Comunista.
Trala Guerra Civil, coa maioría da militancia no exilio, en prisión ou vivindo na clandestinidade, houbo varios intentos de reconstruír a organización dende o exterior, pero sería en abril de 1945 cando se celebrou en Toulouse un Congreso no que se decidiu a constitución dunha única Federación de JSE, con sede nesa cidade francesa
A reorganización no interior foi máis dura debido ás condicións de persecución e exterminio de toda a militancia da esquerda que non puido saír de España. Os primeiros contactos organizativos tiveron lugar nas cárceres e campos de concentración, e en realidade foron xóvenes socialistas quenes asumiron a gran tarefa de agrupar, reconstruír e manter viva a organización socialista durante toda a etapa da dictadura

A principios dos anos 70 a militancia no interior comeza a tomar protagonismo que se consolida a partires do XI Congreso celebrado en Lisboa en 1975. O 19 de Febreiro de 1977 Juventudes Socialistas de España convírtese nunha organización legal, e en setembro dese mesmo ano celébrase baixo o lema “Fagamos Crecer o Socialismo”, o XIII Congreso das JSE, no que se realiza un grande esforzo para axeitar a organización a unha estratexia marcada pola realización dunha política específicamente xuveníl. A Carta constitucional da xuventude, na que se recollían as reivindicacións xuvenís que se pretendían incorporar na Constitución, que naquel entonces comezou a elaborarse, supuxo o referente político de Juventudes Socialistas
A victoria do PSOE en 1982, foi para os xóvenes socialistas un momento de grande esperanza e ilusión, pero tamén provocou momentos de grande tensión no seo da organización, que non sempre se mostrou dacordo coas decisións tomadas dende o Goberno
Seguiron anos de intensos cambios tanto no político coma no social, e Juventudes Socialistas tivo que adoptar no seu ideario político as novas necesidades sociais que ían xurdindo.

A principios dos 90, a desmobilización da xuventude e o xiro cara a dereita experimentado polo voto xoven, marcaron a necesidade de plantexar un cambio organizativo que servise para abrirse á xuventude. No congreso de 1993 puxéronse as bases dese cambio, que se materializou no celebrado en 1996, onde se estableceron novas formas de traballo, presididas pola necesidade de atacar frontalmente o conservadurismo, proover as opcións da xuventude, e implicarse directamente no debate da familia socialista.
Esta línea de renovación e de maior implicación da organización naqueles for