As nosas ideas

Juventudes Socialistas de España é unha organización centenaria composta por mozos e mozas que cremos na democracia, a paz, e a igualdade. Somos internacionalistas e republicanos, e cremos firmemente na xente nova e por iso traballamos por e para ela.

Queremos unha mocidade crítica e participativa, capaz de participar activamente, como cidadáns de pleno dereito que son, na construción dunha sociedade mellor, e especialmente na elaboración e posta en marcha das políticas que nos afectan directamente.

Temos claro que o futuro é noso, pero o presente, o día a día no que vivimos, tamén nos pertence, e cremos que a xente nova temos que ser parte activa dese presente do que tamén queremos e debemos ser protagonistas.

Defendemos unha concepción integral e transversal das políticas de xuventude, que recolla solucións e respostas a todas e cada unha das inquietudes, preocupacións e problemas da mocidade do noso país.

Cremos nos valores democráticos que herdamos, na transformación da sociedade cara ao progreso de todos e de todas por igual, con maior cohesión social, inclusión e interculturalidade.

Queremos seguir sendo a nación que lidera a extensión dos dereitos civís e o estado de benestar, e apostamos polo socialismo novo e progresista, por unha nova maioría social de mozos e mozas que sexa a protagonista na rúa e o motor da participación que permita impulsar a consolidación do cambio social que estamos a vivir.