Igualdade

Un elemento básico que temos xa fortemente enraizado na nosa cultura é o valor da igualdade. Entendemos a igualdade como un dereito, como garantía de participación, oportunidades e trato a todos os niveis, e con independencia do sexo, orixe, crenzas ou orientación sexual.

Cremos na necesidade de dar un novo pulo para continuarmos avanzando na aposta pola igualdade real entre persoas, a igualdade ante a lei, a igualdade no exercicio da participación e no exercicio das responsabilidades públicas e, sobre todo, a igualdade social a través da equiparación de oportunidades.

Fomentamos a educación intercultural co obxectivo de impulsar o enriquecemento cultural dos mozos e mozas, o respecto á diversidade a través do intercambio e a participación crítica, para así lograr o desenvolvemento dunha sociedade democrática baseada na igualdade, a tolerancia, a solidariedade e a xustiza social; unha sociedade que loite contra a desigualdade moral en todas as súas facetas.