Benvida da CEF

Estimados/as amigos/as e compañeiros/as,

Benvidos á páxina web de Juventudes Socialistas de España, un espazo pensado para que todos os mozos e mozas poidades coñecer mellor a nosa organización, as nosas actividades, ideas e proxectos.

Os membros da Comisión Executiva Federal (CEF) de JSE estamos convencidos da importancia das novas tecnoloxías como medio para achegarlle a política á xente nova. Juventudes Socialistas cremos na participación política, pero non como un fin en si mesma, senón como un medio de transformación social. ¡Velaí a nosa vocación!

Cremos firmemente na necesidade da participación da xente nova e en que, a través desta participación, se pode cambiar a mellor a vida dos cidadáns e cidadás. Coidamos que a sociedade non se pode permitir o luxo de prescindir da contribución da que é, de certo, a xeración mellor preparada e formada da historia de España. De aí que queiramos converter esta páxina web nun instrumento para animar aos mozos e mozas a contribuíren á mellora da nosa sociedade.

Nós traballamos día a día para conseguilo, e facémolo participando activamente no movemento asociativo xuvenil: na rúa, nos centros de traballo e nos institutos e universidades; e, por suposto, levando o punto de vista da xente nova, as súas propostas, problemas e preocupacións ao PSOE e ás institucións, e propoñendo solucións.

Porque necesitamos as túas ideas, iniciativas e as túas opinións, porque queremos seguir sendo a organización xuvenil política que máis se asemella á mocidade española, dende aquí animámoste a que coñezas quen somos e o que facemos, a moverte, e a que nos axudes a seguir traballando para construírmos esa sociedade mellor, máis igualitaria e xusta coa que a maioría de nós soñamos.

EXECUTIVA FEDERAL
JUVENTUDES SOCIALISTAS DE ESPAÑA